Blogia
idarga

Deportes

Pau Gasol non irĂ¡ ao mundial de baloncesto.

Pau Gasol un dos mellores xogadores da NBA, e tamén da selección española de baloncesto, que actualmente milita nos Lakers dos Ánxeles decidiu onte non acudir ao mundial de baloncesto que este verán se disputará en Turquía. Entre as diversas razons que espuxo a principal e que necesita descansar tras a finalización desta temporada na NBA. É unha gran magoa pero España defenderá o título con forza e honor con xogadores da talla de: Ricky,Rudy,Calderón,Llul etc.

Pincha para ver un vídeo da selección de Basket

Pontevedra,!!! hai que roelo!!!!

O Pontevedra CF xogará o próximo domingo contra o Alcorcón de Madrid. Os de PAblo Alfaro xogarán o partido de volta coa ventaxa de non ter recibido ningún gol na casa. O partido prevese trabado e difícil como o xogado en Pasarón o pasado domingo, que rematou co empate a cero goles.

O Pontevedra pasou a primeira rolda de ascenso tras vencer o Oviedo de Asturias por un global de 4-2 na eliminatoria. A afición desprazouse en masa ata o Carlos Tartiere ( Estadio do Oviedo) o igual que fará o próximo domingo ao desprazarse a localidade madrileña de Alcorcón. Alí mediran as súas forzas contra un equipo que saltou a fama en toda España este ano tras eliminar da copa do rei ao Real Madrid CF.

Os xiareiros pontevedreses esperan pasar a terceira rolda donde se todo vai ben se mediran ao San Andreu de Barcelona.

Hai que roelo!!!!!!

Aquí pincha para ver un video do pontevedra-alcorcón